
HAI ANOS achegueime a uns metros do poder. Eu vexo o poder como o Duque de Saint Simon vía a Luís XIV, sobre que escribiu que «irradiaba a mesma maxestosidade coa súa bata de vestir que cando dirixía a súas tropas dacabalo do seu corcel». Como legado da súa grandeza deixou o Palacio de Versalles.Aproveitei unha visita de Aznar a Lugo para achegarme ao poder. O daquela presidente do Goberno español voou dende La Moncloa nun helicóptero, o Air Force One de Cuatro Vientos, para amosar maxestosidade. O aparello pousou nun dos outeiros...
[Lire la suite]