
O xoves dei un paseo con tanta folgura que rematei nun cine. Deambulei por volta de hora e media. A andaina foi longa, non porque Lugo se teña convertido nunha cidade extensa, senón que lle fixen un circunloquio. Agora ninguén deambula, nin sequera camiña. Non, botan unha carreiriña de can dende o coche aparcado con luces intermitentes ou póñense roupas fuorescentes para correr como se fosen árbores de Nadal móbiles.
Eu adoito deambular cada día. Axúdame a coñecer a cidade e a xente. Nunca volverei mirar unha rúa como...
[Lire la suite]