
BOA PARTE DA miña cultura musical procede da juke box que había nun bar dos anos 70. A máquina de discos ocupaba lugar solemne no Bar Pascasio, de Foz. Estaba entre mesas de billar e de pimpón, entre os futbolíns e os adolescentes que nacían e morrían na miña vida cada verán. O aparello contiña unha selección duns cincuenta singles: unha banalidade de Julio Iglesias, a voz trascendente de Nino Bravo e a reprogramación do nacionalismo que intentou Ana Belén cantando «España, camisa blanca de mi esperanza». Sabía deles pola...
[Lire la suite]