
Andrew non comprende Europa. Ignora que pode haber culturas intensas e distintas nunha distancia de trinta quilómetros. Supoño que ignora o acontecido en Fiume, onde Grabielle D'Annunzio gobernou unha república cativa, políglota e independente entre setembro de 1919 e Nadal de 1920. A muller de Andrew, Rosa, trataba de explicarlle o sábado na terraza do Costa Verde en Ribadeo, que eu era vasco, que me apelido Jaureguizar, e que falo e escribo en galego. Non atopa curiosidade. Jaureguizar soalle igual ca Castiñeira ou...
[Lire la suite]