vendredi 30 septembre 2011
O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO
O TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou sen alento en xaneiro, cando quitaron aos pasaxeiros; as embarazadas e os nenos marcharon primeiro, aínda eran uns cantos. Despois trasladaron os outros doentes. A tripulación sanitaria encargouse de recoller os escalpelos e pechar as portas das consultas e os quirófanos. Unha... [Lire la suite]vendredi 23 septembre 2011
LUGO EN NADA SE ASEMELLA A GRECIA
GRECIA NON é Lugo, din os gobernantes para tranquilizarnos. Un día, xa de adulto, decidín crer nos políticos coma eses amoríos que un atura por non comer as bolsas de patacas en solitario. Máis ca nada por aforrarme disgustos, que ben me chega o recibo do IBI. Agora, un político asegura que a crise helena non ten un aire coa nosa e asinto. No caso grego mesmo é certo. Nada o asemella a Lugo, e non o digo polos iogures, no que estamos lonxe do seu acabado. Eles non poderán pagar a calefacción, pero valoran o seu sistema filosófico e o... [Lire la suite]mercredi 21 septembre 2011
BLANCO E EN BOTELLA
Un amigo imitábao como se gozase dunha ósmose feliz con el. Sentaba a unha mesa cilindro do papel de cociña por micro, acobadábase e estricaba os dedos índices coma se xogase a pinchar globos soltos polo aire; erguía levemente a parte central das cellas e adiantaba os beizos acusatorios. Agora o imitado está revolucionándoos, agasallándonos con autovías, altas velocidades, estradas secundarias, aerorportos, e, en Lugo, accesos á cidade, pontes -prometidas cando Franco era rei de España- e depuradoras. As motivacións serán obscenamente... [Lire la suite]
samedi 17 septembre 2011
UN SAN FROILÁN SEN ROSENDOS, JOSELES E SABINAS
A miña muller había de pechar un trato cun vasco onte, polo que antecedeulle que estaba casada cun vasco. Non porque lle represente unha fachenda máis intensa, senón porque sabe que un vasco sempre confía máis noutro ca nun erdeldun. Todo o vasco ten unha trascendencia para un vasco. Eu nunca escoitei que algo era "demasiado vasco", aínda que si sufrín a vergoña de escoitar á concelleira de Cultura da Coruña que as festas eran "demasiado gallegas". Afortunadamente, en Lugo, o departamento conta con persoas máis conscientes do concepto... [Lire la suite]