dimanche 4 janvier 2015

OITENTA HORAS

A materia que compón a nosa vida son os partos, as vodas, os enterros e as compras no supermercado que cumprimos entre dúas noites de Fin de Ano. A primeira noite é esa na que os pais nos prohiben saír e a segunda, esa na que ninguén nos quita da casa nin para mercar tabaco. Eu estou na metade da vida, no momento das 00.15 horas en que abres un ollo no sofá para ir tomar algo aí fóra, na xeada. Miras os tons escuros dos edificios e as luces das casas prendidas coma beléns acolledores. Logo tomas a decisión de pechar o ollo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

jeudi 18 décembre 2014

PATXI NO CORREDOR

NON SEI SE foi vostede ver Interestellar. É unha historia de humanos asustados porque unha praga lles devora as colleitas,porque comisca o seu futuro. Para salvarse, buscan planetas a colonizar. A película trata de humanos colocando obstáculos á barreira que avanza silenciosa que son as horas. A vida é tan espectacular que ás veces nos cremos protagonistas de El show de Truman. Xuraríamos habitar grandes decorados de edificios con actores que interpretan a familia e os amigos. A emoción das superproducións é que ignoramos o final.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , ,
samedi 6 décembre 2014

SALIVAR PATADAS

HAI EXPERTOS na prehistoria que aventuran que os homo sapiens mataban neandertales para evitarse a competencia na obtención de alimento. Mesmo engaden que poderían ter comido as vítimas a causa de que vivía nun ámbito de escasos recursos. Daquela, a violencia era máis intensamente cruel que agora, pero explicábase por unha función de supervivencia. Os habitantes das cavernas do Courel aplicarían a brutalidade sobre os animais, pero soamente para comelos. Iván Pavlov fixo un experimento psicolóxico con cans. Antes de servirlles... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 28 novembre 2014

UN FULGOR ANTIGO

A morte de Cayetana de Alba deu para falar moito sobre ela, pero, sobre todo, para falar sobre nós mesmos. O pasamento da catorce veces Grande de España forzounos a revivir a morriña por un mundo perdido e irrecuperable. Os cidadáns estamos agradecidos aos ilustrados do século XVIII por teorizar a equiparación de todos os seres humanos. Esa gratitude convive nos nosos corazóns co rancor por ternos guillotinado os referentes sociais. Sospeitamos que os nosos antergos remotos eran máis felices porque vivían nunha orde social... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 20 novembre 2014

A BOCA DA NOITE

Hai homes que nunca choran porque non saben. Os poucos que saben chorar, choran de noite; desorientados na escuridade universal da cama. Ximen discretamente de costas ás súas parellas, que durmen cunha pracidez estrana e inconsciente, abrigadas polo extremo máis radical do edredón. Os homes choran porque teñen medo. Saben que abaixo, segundo a cidade descende nunha abrupta caeira ata o Miño, hai unha gran boca abríndonse no negror. Desta beira do río, hai homes chorando na cama coma se descenderan dentro de si mesmos con lámpadas de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 6 novembre 2014

DETERMINACIÓN

Juan Tallón escribiu nun inverno desapracible que «as obsesións non se improvisan». As teimas nacen instantaneamente, dunha desesperación ou dunha ilusión, pero non poden experimentarse dun momento para outro: hai que darlles tempo para que collan dimensión. Case todas as fixacións acaban inertes coma un tamagotchi sen pilas porque as esquecemos. Pero hai teimas que solidifican coma o fillo que nunca concretaches se fora buscado ou asumido. Hai quen xustifica a súa obsesión disfrazándoa de determinación. Acontece nas persoas que se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

jeudi 30 octobre 2014

FOXAS SÉPTICAS

Non entendo que aos delincuentes de xesto amable, gravata con motivos de flor de lis e alquitara contable se lles chame chourizos. Os chourizos son carne mansa, inane. Podemos sentar na mesa ante uha fonte de chourizos sen medo a que se nos chanten. A única prevención é evitar que salpiquen. Os ladróns que viaxan discretos tras cristais tintados aseméllanse máis a coitelos. Ben situados, ben afiados, de apariencia pulcra. Pero, se desvías a atención, poden darche un corte. Cando aínda estamos pagando o veraneo que nos demos coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 22 octobre 2014

TOC, TOC

O Cabalo Hans era coñecido nas feiras de Alemaña de principios do século XX. A sona que o engalanaba era ser sabio. O propietario de Hans paseaba o seu cabalo polas feiras exhibindo a capacidade da besta para facer operacións aritméticas, dicir a hora, facer cálculos no calendario ou diferenzar tons musicais. As exhibicións consistían en que o seu dono preguntáballe diante da multitude: «Se o oitavo día do mes é martes, cal será a data do venres seguinte?» ou «A raíz cadrada de 77 é...?» Hans colocábase diante dunha táboa apoiada no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 16 octobre 2014

ESPAGUETES

Unha noite de hai trinta anos o meu pai estaba ceando nun prato de barro. A cazola era cativa. El parecía protexela co corpo, como se dese agarimo a un gatiño recén parido. O prato marróne estaba cheo de fíos grosos, como de lá branca, adornados cun par de chiles vermellos. O meu pai sorría gozando as angulas que lle regalaran. O aceite brillaba reflectindo a luz eléctrica. A miña pregunta foi insolente: «E non sabería igual se usas espaguetes?» Nada retrucou. Calou mastigando a ira. Uns días máis tarde, o meu pai espertoume ás... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:56 - Commentaires [6] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 3 octobre 2014

REITERACIÓN

A rutina na que vivimos cada día laborable, unha sucesión mecánica de actos, achéganos tranquilidade. Gústanos transitar pola xornada sen alteracións, sen imprevistos que nos desconcerten. Cada costume noso ten o seu lugar e o seu momento. Satisfácenos atopar cada rutina, cumprila e ir na busca do seguinte. A nosa cotidianeidade é coma as xardas que desembarcan na lonxa de Burela. Todas están amoreadas, grises e docemente mortas en caixas verdes. Cada cabala ten o seu dobre único, aínda que todas nos parecen iguais. Mesmo seríamos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,