
O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado, tanto que non aprendera a apreciar a Agustín Fernández Paz.
Deille a volta ao mantel de papel e quitei un rotulador para debuxar nun esquema a estrutura de Cartas de inverno, cos seus saltos temporais e a súa xestión harmoniosa da intriga. Aquel día convertíno ao agustinismo....
[Lire la suite]