jeudi 10 novembre 2011

FRAZIER ESTABA CANSO PORQUE MORRER DEBILITA MOITO

Eu falaba coa miña muller a través do móbil en plan grego. Decidíamos en referendum doméstico se pagabamos a hipoteca ou exercíamos a democracia contra Bankia. O espectador sentado ao meu carón termaba do sombreiro coas mans rabuñadas de fendas coma se o chapeu fose prender o voo. Chistoume. O combate empezaba. Muhammad Ali vs. Frazier outra vez. “Rumble in the jungle”, que ruxiu Mailer. O boxeo paréceme un xeito exquisitamente burgués de evitarse visitar os arrabaldos para gozar o morno calor do sangue que estoupa dende unha cella.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

mercredi 12 octobre 2011

A LEXIÓN DESFILA NUNHA GASOLINEIRA DE GUITIRIZ

A Lexión circula "a 180 pasos por minuto y un solo corazón", segundo exclama Intereconomía, cos seus redactores nun rapto de tumefacción española que lles vai no punto 3 do contrato. Aproveitando que o gran centro comercial pecha por festivo, cítome cunha casada na área de servizo de Guitiriz -que, en Madrid degradan coma 'gasolinera'(sic)-. Que non anote Pedrojota, que a casada coa que me citei é a miña muller. Detéñome nesa área de cando en vez, raramente porque me resulta cara. Nunha desas paradelas merquei un tomazo coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:56 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,