jeudi 23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq legumes, que son unhas vulgares lentellas con cinco verduras, nomeadas con elegancia. Mentres cociñaba, servinme Moët; o abandono alíviase mellor cunha bebida de luxo. Na cociña soaban o chop chop da pota e as canzoni de Piero Ciampi en versión de Bobo Rondelli, que soan... [Lire la suite]

dimanche 27 décembre 2015

O DERRADEIRO SALTO DE TIGRE DO ROCK GALEGO

O ROCK GALEGO anda nos estertores. Quedan os últimos xubilados de Filipinas, señores en idade de deixarse conducir polo Sergas a Benalmádena. Todos vostedes a coñecen a Yosi, o líder de Los Suaves, 67 anos, capricornio, ourensán. Aínda que non saben quen é Yuma, «o último hippie», 76 anos, acuario, ribadense. Yuma exhibe unha pel suave e fresca porque foi feliz cada día da súa vida. Non deixou que o traballo lle murchase a flor que nos nace cada mañá e que o resto non acertamos a coidar para que non seque. Comeu e durmiu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,
dimanche 8 mars 2015

UN XANTAR HIPOTÉTICO CON MANUEL DE LORENZO

A cita consistía en xantar con Manuel de Lorenzo o sábado. Manuel de Lorenzo e máis eu soamente, pero eu leveime a Antón (+8) porque estaba desparellado de nai e irmá. Manuel ten un costume ourensán -inventado polo ciceronián Baltar de Senectute- consistente en comer o primeiro prato cunha xente, e o segundo, con outra, polo que le fixen unha encerrona. Conducíno ao Papéame, un lugar afastado de Lugo, no que as hamburguesas son de tamaño Bilbao. Pretendía bloquearlle todo punto de fuga para poder... [Lire la suite]
lundi 22 décembre 2014

DIONISIO EN ZAPATILLAS, CAMILO EN ALBORNOZ

  Dionisio Gamallo andaba por Madrid como pola casa, en zapatillas. Sempre levaba a cabeza fresca polos poemas de Rosalía de Castro e os pés quentes pola felpa. Cruzaba Ribadeo en zapatilla para comprar un brazado de perdiódicos. Camilo José Cela buscouno na súa vila natal cando camiñaba do Miño ao Bidasoa sen atopalo.     Gamallo deu clase en institutos de Madrid. As letras española e galega estaban escritas na cabeza na súa integridade. Unha tarde na que ventaba e chovía debuxou na casa o mapa do... [Lire la suite]