samedi 14 octobre 2017

NOBEL DE LITERATURA LIDO, PROBA SUPERADA

LEVO UNS DÍAS vendo unha serie exótica, é dicir, xaponesa. O aspecto máis sorprendentes é que os personaxes piden as cousas «por favor» nas tendas e dan as «grazas» na cafeterías. Empecei a seguir Million yen women (As mulleres do millón de iens) porque Xapón é un gabinete das marabillas e porque cada capítulo dura 24 minutos, o meu tempo de transición entre a vixilia a fase REM do sono. Ás veces non miro unha serie no móbil para durmir. O luns estiven escoitando a recompilación de éxitos medianos de Tom Petty. O músico... [Lire la suite]

samedi 19 novembre 2011

E POR QUE NON VOS DEIXADES DE CINISMOS E DECIDES LIXo?

OS ESCRITORES DE literatura infantil e xuvenil somos coma personaxes de Agatha Christie: ricos, elegantes, guapos e sospeitosos da desaparición dun cadáver. Vou xeralizar: temos máis lectores (vendemos máis), agardamos pouco a que nos publiquen, tradúcenos a esgalla, gañamos premios en todo o Estado,... e temos que axeonllarnos con propósito de enmenda porque nos diriximos a uns lectores principiantes, si, pero máis frescos e lixeiros de perxuicios. Sempre se nos representa vestidos para matar, na faciana escura da lúa, como se o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,