vendredi 22 mai 2015

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE

  FRANCIA TIVO como ministro de Cultura ao escritor André Malraux, Galicia tivo como conselleiro de Cultura ao escritor Alfredo Conde. Ambos feitos son exemplos que explican a diferenza de tamaño entre ambas as culturas.  Estaba onte mesmo lendo na cociña a Allen Gingsberg. No poemario Kaddish (Anagrama) conta á súa visita ao cemiterio parisino de Père Lachaise en 1957 para visitar a tumba que tivo Apollinaire grazas a Picasso e Matisse. Gingsberg repróchalle ao poeta galo que sabía que «os políticos clasicistas... [Lire la suite]

jeudi 15 décembre 2011

OS OMNÍLOGOS AQUILATAN PEREIRO E NOS ALEDAN CUN ALALÁ

Lois Pereiro foi unha desgraza para a cultura galega. Todo o que vía antes de morrer estaba destinado a sobrevivirlle. O problema está aí, que todos o sobrevivimos. Ningún creador posterior se lle pode comparar. Foi o escritor máis acertado, informado, moderno, innovador e fondo. Por riba, escribía aínda mellor cos mellores dos nosos. Sen poder evitar ser o clásico que nunca se pretendeu, chega á médula da xente, iso que as elites teiman en chamar pobo cando impostan que se identifican con el. Pereiro, ben o saben, protagonizou este... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
lundi 12 décembre 2011

A RAG DEVOLVE A LOIS PEREIRO Á CLANDESTINIDADE

A Real Academia Galega volve acertar de cheo no Ano Pereiro. Vai pechar a celebración organizándolle unha homenaxe moi aquelada coa visión que o monfortino tiña da cultura: será o I Congreso Clandestino Lois Pereiro. A catro días de que comece non hai unha nota pública. Eu informeime grazas un debate moi interesante entre Marcos Calveiro e Xabier Cordal no Twitter (que, enganadamente, acabou co primeiro unfollando ao segundo). Malia ese erro, estou co que denuncia Calveiro e analiza moi acertadamente Iago Martínez (que tamén abre para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:15 - Commentaires [10] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,