vendredi 29 avril 2016

NIN OS CANS LADRAN NIN NOS CABALGAMOS

O REGALO institucional de Mariano Rajoy a Carles Puigdemont foi un facsímile da segunda parte de El Quijote. En realidade, non era un agasallo do presidente español ao presidente catalán como deferencia por visitalo na Moncloa, senón unha figura literaria. Diría que un retruécano. Consiste en la reordenación dos elementos dunha oración na seguinte. Por exemplo: «Cataluña nunca será independente porque nunca permitiremos un referendo e nunca habrá un referendo en Cataluña porque non permitimos a independencia». Como proposta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

dimanche 31 janvier 2016

AZNAR USA COLONIA DE VOCACIÓN ATLANTISTA?

HAI ANOS achegueime a uns metros do poder. Eu vexo o poder como o Duque de Saint Simon vía a Luís XIV, sobre que escribiu que «irradiaba a mesma maxestosidade coa súa bata de vestir que cando dirixía a súas tropas dacabalo do seu corcel». Como legado da súa grandeza deixou o Palacio de Versalles.Aproveitei unha visita de Aznar a Lugo para achegarme ao poder. O daquela presidente do Goberno español voou dende La Moncloa nun helicóptero, o Air Force One de Cuatro Vientos, para amosar maxestosidade. O aparello pousou nun dos outeiros... [Lire la suite]
samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]
dimanche 25 octobre 2015

OS AMIGOS DO CADÁVER DE BLANCO AMOR

RESULTA angustioso ler o xeito no que Galicia se desfixo de Eduardo Blanco Amor en 1979. Estaba léndollo agora mesmo a María Xosé Queizán. Un xornalista, César Lorenzo Gil, invitaba en Biosbardia á escritora a recrear as últimas vivencias con Blanco Amor. Queizán matiza con crueza: «Ben, en realidade, compartín momentos co seu cadáver». A narradora lembra que Blanco Amor vivía en Vigo e morreu nun taxi. «Un escritor tan viajero ha de tener un taxi por ataúd», considerou Francisco Umbral no loito de periódico, amencer e cruasán do... [Lire la suite]
jeudi 30 octobre 2014

FOXAS SÉPTICAS

Non entendo que aos delincuentes de xesto amable, gravata con motivos de flor de lis e alquitara contable se lles chame chourizos. Os chourizos son carne mansa, inane. Podemos sentar na mesa ante uha fonte de chourizos sen medo a que se nos chanten. A única prevención é evitar que salpiquen. Os ladróns que viaxan discretos tras cristais tintados aseméllanse máis a coitelos. Ben situados, ben afiados, de apariencia pulcra. Pero, se desvías a atención, poden darche un corte. Cando aínda estamos pagando o veraneo que nos demos coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mardi 10 juin 2014

ÁNGEL CURRÁS EVITOUSE SER MONSIEUR BOVARY

  Ángel Currás decidiu evitarse o triste papel de Monsieur Bovary. Ser alcalde dunha cidade internacional coma Santiago debe de representar unha dignidade de ouro e lume sobre a que paga a pena permanecer sentado. Pero Currás entendeu que lle quedaba un ano ata as municipais e que o botarían á pira funeraria. Evitouse que o marchen. Feijoo actuou rápido, sacrifica unha peza maior, o segundo na sucesión. O presidente amarra Galicia. As augas do Manzanares baixan toldas e poida que nin Rajoy, capaz de aguantar nas peores... [Lire la suite]
jeudi 29 décembre 2011

AS RAQUETAS DE ADMUNSEN

A miña vida capilar é previsible. Responde a un eterno retorno. Cando noto que me o pelo tende a formar bucles na caluga, cando reparo en que aparto os flocos varias veces ao día, requiro á muller para que me pase a afeitadora. Os ciclos de medre e recurte correspóndense con períodos de doce lúas. Os tenistas deben verse atrapados tamén por esas rutinas. Así interpretei a confesión de que "fun demasiado previsible" que lle lin a Rafa Nadal. Máis nada souben porque todo o que me atrae de raquetas son as que calzaba Admusen cando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mardi 29 novembre 2011

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG

MARIANO RAJOY debería pensar en Agatha Ruiz de la Prada como directora xeral de Obras Públicas ou como lle digan. Pídollo dende aquí, metaforicamente axeonllado, porque seica este xornal forma parte do resume que lle pasan os seus colaboradores a diario. Se pensei na, a pesar de todo, esposa de Pedro J. é que porque ela pode dar un brochazo de cores vivas sobre ese gris topo que tanto nos abruma nas viaxes longas. A xente conduce distraída porque avanza sobre unha banda ancha monocolor e tristeira. Antes calculabamos a ollo o tamaño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
samedi 5 novembre 2011

RAJOY DESENGANCHARÁ OS VAGÓNS DE COLA

As intencións que vai desenvolver Rajoy a partires do 21N eran coma a sexualidade de Falete: todos a coñecíamos, pero non acababa de formulala. Ao cabo, foi contándonola na prensa estranxeira para ir preparándonos para o apretón. Onte pediu o voto para o Partido Liberal deixando ao aire en dúas palabras as raigames da súa execución gubernamental. Responderá a vella metáfora económica do tren: desenganchará os vagóns de cola para que a locomotora tire con máis forza. O avance será máis rápido, pero unha parte da poboación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,