samedi 17 juin 2017

UNHA MISA PARA MALLO E UNHA CEGOÑA COXA

  O MUSEO PROVINCIAL de Lugo puxo o xoves unha gran sala de tiros longos para celebrar a Maruja Mallo cunha mostra. O país empeza a tomala en serio. A última vez que entrei no Café Zuckerberg lin que a anterior homenaxe que se lle fixera en Lugo a Mallo fora organizarlle unha misa. Rezouse por unha muller que se deu un garbeo en bicicleta durante unha eucaristía dominical na igrexa de Arévalo. En fin. Os que lemos o Libro de Xob sabemos que o Inferno é tan desagradable como un baño sueco, porque as almas condeadas «pasarán... [Lire la suite]

jeudi 11 mai 2017

ATRASO EN GALICIA, VANGARDA NA ARTE

EN GALICIA confundimos sensatez e inmobilismo. Vemos pasar os avances fugazmente, coma eses trens supersónicos que corresponden a un cupo alleo. Somos un país tan de vía estreita que nin cupo temos. O próximo Ave irá cara a Bilbao con apeadeiro en Vitoria.Lin un treito da novela Patria. Tiña curiosidade porque está no Guinness dos eloxios. A prosa de Fernando Aramburu ten a cadencia do Telediario, os diálogos soan a tertulia de TDT e as escenas dramatizan Ocho apellidos vascos. Comprendo o seu éxito.O meu país de orixe merece unha... [Lire la suite]
samedi 4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga retardada coa espátula polo flanco dereito, eu lembraba Le Rhin. Lettres à un ami (O Rin, Cartas a un amigo), de Victor Hugo. O novelista visitou en 1840 as ruínas do castelo de Heidelberg, en Alemana, que fora palacio de Federico IV. «Non podes imaxinar a furia coa que os... [Lire la suite]
samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]