
TEÑO A INCONSCIENCIA de andar sempre con menos roupa enriba da que preciso. Son perito en mendigar o sol, en camiñar buscando a súa calor dourada. Nunca cubro itinerarios racionais, senón que vou virando e desembocando por unhas rúas ou outras en función do sombrizas que sexan. Os meus itinerarios nunca son lóxicos. Dende que lin a Michael Oakeshott asumo que ese prestixio co que brilla o racionalismo dende a alba de gloria que foi o Renacemento debe ser cuestionado. Oakeshott apostaba pola tradición, polo coñecido. A calor...
[Lire la suite]