samedi 9 décembre 2017

O CHÉ É UN DESEÑO DE KORDA PARA AMANCIO

(Artigo para El Progreso) NON SE DEBE pasear a destempo. A arte de deambular estableceuna James Joyce no Ulises. Xerardo Quintiá confesoume o domingo pasado que nomeou Joyce ao seu can porque el lle «marca o ritmo para andar». O mércores saín da casa demasiado cedo. Fun parar á Milagrosa. Quixen curiosear na igrexa, pero aínda estaba pechada. Coeime por unha porta lateral. Non dera dous pasos cando unha señora con idade, roupa e disposición de beata se me achegou cun cirio enfundado nun plástico vermello. Sinaloume outro que... [Lire la suite]

dimanche 22 novembre 2015

A PERVIVENCIA DO MAIO DO 68 EN OURENSE

    Non sabemos o que se falou na noite do escándalo na casa dos dous políticos ourensáns, o expresidente José Luis e o presidente Manuel. Antes de durmir aquel día, eu recreei a escena. O pai tería reconvido ao fillo na certeza —adquirida lendo a Freud— de que «o desexo se converte en necesidade». O proxenitor reprocharía ao herdeiro que non termase do desexo nun primeiro momento. A consecuencia foi que acabou sentíndoo como necesidade. «Que carencias tes que provoquen o teu desexo, o teu afecto activo, Manuel?»,... [Lire la suite]
samedi 2 mai 2015

'BASURA' NON É UNHA PALABRA ELEGANTE

O ESCRITOR Saul Bellow recolle en Todo cuenta a súa chegada a París en 1948. Aluga un apartamento no centro a unha señora. Bellow pregunta que ha facer coa basura. A señora irrítase: «Basura? En París a ninguén se lle ocorre facer semellante pregunta. A basura non é cousa súa. Basura non é unha palabra elegante». Tampouco lle deu un vocablo alternativo.Spike Lee comentou algunha vez que no seu barrio da infancia, Brooklyn, o lixo tampouco era un asunto primordial. «Nin sequera se recollía todos os días», recoñecía o director nunhas... [Lire la suite]
samedi 4 avril 2015

ROMÁNICO, BARROCO E SENTIMENTAL

  MARCEL PROUST desconfiaba da arquitectura. Non exactamente da arquitectura, senón máis ben de procesos relacionados con ela, como as mudanzas. A súa familia, que vivía en París, decidiu en 1900 cambiar de piso para vivir na Rue de Courcelles. Marcel escapou a Venecia mentres durou o cambio de casa. Cinco anos despois, tras a morte da nai, acabou recoñecendo que a arquitectura das lembranzas lle pesaba de xeito insorportable. «Mamá levou canda ela o pequeno Marcel ao morrer», escribiría. Soportou esa tristeza uns poucos... [Lire la suite]
mardi 26 août 2014

O RITUAL DA CIRCUNSTANCIA

Foucault confesa ao principio de El orden del discurso (Tusquets) a incomodidade que lle representa comezar a falar diante doutras persoas, recoñecendo que prefire sorprenderse "envolto nas palabras". Ese libro recolle súa lección inaugural no curso de Historia dos Sistemas de Pensamento de 1970 no Collège de France. Na pasada fin de semana estiven intentando compaxinar a lectura dese texto co acompañamento á miña nai, Itziar, na terraza do Náutico de Ribadeo. A tese de Foucault é que, para que se produza un discurso, ten que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,