dimanche 7 février 2016

A GRAN NOVELA GALEGA LEVOUME CATORCE ANOS

A MIÑA TENSIÓN arterial volveu ao rego o pasado luns. Para logralo, movín tanto as pernas coma Chuck Berry coa súa guitarra sobre o escenario. Como me aburren as actividades mecánico-deportivas, coloco unha bici estática diante do televisor para pedalear. Nesa noite estiven mirando House of cards. Nada como escoitar as frases de Francis Underwood, un político ambicioso que actúa con crueldade macbethiana: «A morte e o sono poñen os homes de costas»; nunha situación de debilidade, enténdase. Para distraer as punzadas nas... [Lire la suite]