dimanche 3 janvier 2016
O ANO PRÓSPERO DE JESÚS PÉREZ VARELA

samedi 12 décembre 2015
O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS
T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot.
As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]
mercredi 30 septembre 2015
O VENTRE PROVIDENCIAL DE MIGUEL ANXO
MARCHO QUE teño que marchar é unha frase feita, pero revela habibilidade para identificar o momento exacto para irse dun lugar. Eu nunca acertei a marchar en tempo e forma. Hai anos deime de baixa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O motivo para escapar foi que nunca sentía falar de contratos dos libros, xestión de axudas económicas, reclamación dos dereitos de autor ás editoriais que non pagan estando subvencionadas, prmoción de traducións ou creación dunha axencia literaria. Os congresos trataban de cuestións... [Lire la suite]