vendredi 29 avril 2016

NIN OS CANS LADRAN NIN NOS CABALGAMOS

O REGALO institucional de Mariano Rajoy a Carles Puigdemont foi un facsímile da segunda parte de El Quijote. En realidade, non era un agasallo do presidente español ao presidente catalán como deferencia por visitalo na Moncloa, senón unha figura literaria. Diría que un retruécano. Consiste en la reordenación dos elementos dunha oración na seguinte. Por exemplo: «Cataluña nunca será independente porque nunca permitiremos un referendo e nunca habrá un referendo en Cataluña porque non permitimos a independencia». Como proposta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

dimanche 28 février 2016

UN SECADOR, UNHAS PINTURAS E UNHAS BOLSAS DE TÉ

A SEMANA EMPEZOU con optimismo optimismo desbordado en Ferrol. A cidade está en concurso de acreedores emocional dende o desgüace felipista, pero, lonxe de resignarse, os seus cidadáns soñan improbables. Liberados do pudor, contan as fantasías nocturnas ao día seguinte en roldas de prensa. Shakespeare advirtiu de que «somos da materia dos soños» antes de poñer a Hamlet a manter conversas enfermas de pasado e ira co espectro do pai. Jorge Suárez creou unha praza funcionario municipal encargado de soñar logo de facerse coa alcaldía. O... [Lire la suite]