lundi 26 mai 2014

O POBO, A GENTE E OS HUGONOTES

A miña tensión vai como a prima de risco española, razoablemente controlada. Aínda así, por aseveramento médico, recuperei o costume -anulado hai un tres meses por causa laboral- de dar un longo abrazo matutino á cidade de Lugo. Case que ao comezo desa hora de paseo, atravesei a praza que fica diante da estación de autobuses. Diante das escaleiras que descenden cara á Porta do Cárcere quedan aínda uns paneis de madeira nos que os partidos pegaron carteis electorais. Uns están superpostos sobre outros, aínda habendo espazo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

mardi 13 mai 2014

CANDIDATURAS GREMIALISTAS AO EUROPARLAMENTO

A miña visión de Lidia Senra é de candidata gremial. Sei que sabe moito sobre gandeiría. Volveu demostralo nunha entrevista noturna na Radio Galega. Escoiteina para tratar de ver se a súa formación tan ampla nese campo abrangue outros, se en Bruxelas pode facer unha defensa xeral do país, o que se lle require a un representante público. Foron cinco minutos de contestar a un cuestionario bastante ríxido. Explicouse resoltamente cando lle preguntaron pola cota láctea, pero logo que se o pobo vai estar no Europarlamento (como non se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,