vendredi 29 avril 2016

NIN OS CANS LADRAN NIN NOS CABALGAMOS

O REGALO institucional de Mariano Rajoy a Carles Puigdemont foi un facsímile da segunda parte de El Quijote. En realidade, non era un agasallo do presidente español ao presidente catalán como deferencia por visitalo na Moncloa, senón unha figura literaria. Diría que un retruécano. Consiste en la reordenación dos elementos dunha oración na seguinte. Por exemplo: «Cataluña nunca será independente porque nunca permitiremos un referendo e nunca habrá un referendo en Cataluña porque non permitimos a independencia». Como proposta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]