samedi 15 juillet 2017

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS

  HOUBO UNHA frase de Milena Busquets que atrapei ao voo, como se atrapan as primeiras moscas do verán, cando aínda están facendo un voo de recoñecemento do mundo. «Los hombres elegantes leen a los rusos», dicía a escritora. Seica que é filla da editora Esther Tusquets e sobriña do arquitecto Óscar Tusquets, pero xa digo, todo o que lle lin foi esa frase atrapada pechando o puño no aire cálido segundo alguén a subiu a Twitter.Os homes elegantes len os rusos. Eu estou lendo os rusos, levo uns meses lendo rusos; pero nunca... [Lire la suite]

samedi 19 novembre 2011

E POR QUE NON VOS DEIXADES DE CINISMOS E DECIDES LIXo?

OS ESCRITORES DE literatura infantil e xuvenil somos coma personaxes de Agatha Christie: ricos, elegantes, guapos e sospeitosos da desaparición dun cadáver. Vou xeralizar: temos máis lectores (vendemos máis), agardamos pouco a que nos publiquen, tradúcenos a esgalla, gañamos premios en todo o Estado,... e temos que axeonllarnos con propósito de enmenda porque nos diriximos a uns lectores principiantes, si, pero máis frescos e lixeiros de perxuicios. Sempre se nos representa vestidos para matar, na faciana escura da lúa, como se o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,