vendredi 18 novembre 2016

OS HOSPITAIS SON DE BRANCO ROTO

Esta semana pareceume longa de máis. Cabalgou nerviosa da noite do martes á madrugada do mércores. Botei esas horas negras paseando polos corredores brillantes do hospital de Lugo, que é grande coma un imperio e que se despraza solemne na escuridade coma a nave espacial de Star Treck. Eu era o zar de todas as Rusias naquela soedade branca, paseando de norte a sur —e volta de sur a norte— nun camiño de trescentos metros que acabo sendo unha ruta cotiá e querida. Mentres esperaba noticias privadas agarraba no peto unha radio... [Lire la suite]

jeudi 2 octobre 2014

UNHA BOMBA NA CIDADE DA CULTURA

Gustaríame que, por un instante fugaz, me acompañasen nunha visión. Imaxine, fantasíen moitos de vostedes, con que alguén pon unha bomba na Cidade da Cultura. Non require un grande esforzo porque hai dous días puxeron unha bomba na casa consistorial de Baralla. Seica que a barbarie é un resposta a que o seu alcalde, Manuel Capón, dixera hai un ano que os rojos aos que mataran os franquistas tíñano merecido. Non comparto a pena de morte, aínda que sexa nas sospeitas condicións de garantía legal que non aplicaban os falanxistas e a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 5 septembre 2011

DE VOLTA ÁS NOSAS COCIÑAS

AS COCIÑAS que nos deseñan agora son de curto percorrido e nos forzan a andar de perfil. Pouco andamos nelas porque o microondas converteuse no aparello dos raios máxicos que igual nos requenta un café con leite que nos devolve unha tortilla precociñada, con todas as terribles consecuencias que pode ter iso para un padal de discernimento medio. Hai libros de receitas con microondas que deberían figurar no vello Índice inquisitorial. As cociñas antes recendían por estacións. A empanada e castañas no outono; a caldo de grelos, na... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,