vendredi 18 novembre 2016

OS HOSPITAIS SON DE BRANCO ROTO

Esta semana pareceume longa de máis. Cabalgou nerviosa da noite do martes á madrugada do mércores. Botei esas horas negras paseando polos corredores brillantes do hospital de Lugo, que é grande coma un imperio e que se despraza solemne na escuridade coma a nave espacial de Star Treck. Eu era o zar de todas as Rusias naquela soedade branca, paseando de norte a sur —e volta de sur a norte— nun camiño de trescentos metros que acabo sendo unha ruta cotiá e querida. Mentres esperaba noticias privadas agarraba no peto unha radio... [Lire la suite]

lundi 29 septembre 2014

RAPHAEL OU A PIANOLA DE TANYA

A vangarda española parou as máquinas o pasado agosto: Raphael actuou no Festival Sonorama de Aranda del Duero, un certame concibido para o ardor do pantalón pitillo e a exaltación da gafafrauta.O convite ao cantante de Mi gran noche ten unha primeira lectura bufonesca. Asistir a un concerto dun artista con calidades técnicas excepcionais, pero cun discurso tardorromántico e unha xestualidade histriónica, é unha atrevemento que require para xustificalo dunha actitude burlesca e distanciada. Mesmo á luz da actualización que lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:56 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 15 septembre 2014

UN OVO NEGRO

O meu amigo Manel Gegúndez provocaba de cando en vez afirmando que el apoiaría a independencia de Galicia unicamente se a gobernasen caciques. Semella que Cataluña acabará por ser un estado de seu e un estado cos seus caciquiños. Non o logrará agora; senón dentro dunha xeración política, que diría Álex Salmond. A liña do horizonte da independencia albíscoa a vinte anos vista, unha vez que se consolide Europa como grande estrutura, se disolvan os estados e se organicen os ámbitos territorias máis cercanos entre eles. Galicia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 05:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,