samedi 7 mars 2015

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA

NON SEREI EU QUEN use como diana o investimento realizado no vídeo de Noche y de día, de Enrique Iglesias. Acepto o panorama deses millóns de mozos facéndose unha idea, nun abrir e pechar de ollos que dura 43 segundos, do que é Galicia. «Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahía», nos informa o neto do doutor Iglesias, malia que non se atreveu a quitar a chaqueta no Carboeiro. Aínda considerou unha das nosas obsesións como pobo: o clima. O galego non vai ao psiquiatra porque queixarse do clima reconcíliao co máis íntimo do seu... [Lire la suite]

vendredi 23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda. Eu andaba suando uns 18 anos moi novos, soamente tiñan quince días. Lera que Petrovic adestraba dúas horas máis que os compañeiros e eu ía a ser Petrovic. Tiraba unha e outra vez á cesta, en series luteranas dende diferentes posicións. Daquela tiña un single de Jim... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 8 septembre 2014

A RENTRIÑA, UN COMBATE A DOCE ASALTOS

  Antón Porto anuncioume que aquela noite de sábado vería algo «fascinante». Levaba dous días en Berlín coa mente aberta, a boca aberta e a porta do hotel aberta por todo o «fascinante» que xa me amosara o meu anfitrión, daquela lector de galego na Freie Unibersität. Antón conduciume a un pub tan sofisticado, cheo de bebedores e anodino, coma un pub sofisticado, suado e anodino de Bos Aires ou de Ribadeo. Eu non percibía o «fascinante». Sentía o desencanto.De súpeto, o público abriu un círculo no centro do local e xrudiron... [Lire la suite]
vendredi 9 décembre 2011

NUNCA SORRÍO ANTES DE MEDIODÍA

NUNCA SORRÍO antes do mediodía. Teimo en manter a cara de desacougo cando menos ata que dan as doce. Amosar alegría de mañá faiseme inapropiado. Sorpréndeme, por iso, a ledicia de Pepe Seijo, coa corpo sempre armado para un saúdo entusiasta e acolledor. Atraveseino o outro día diante o antigo casino de Lugo, onde a ruleta xira agora a beneficio da roupa de Amancio. Sorriu, coma sempre. Reparou en dúas prótesis brancas en forma de tenis Adidas que me cubrían os pés e preguntoume se ía facer exercicio. Niso andaba, pero non llo contei... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,