samedi 28 mai 2016
A PESAR DE SER DA UPG ( E UN TRADUTOR BENGALÍ)
A ESTA ALTURA desa superprodución fílmica que é o Día das Letras Galegas coñezo as escenas de memoria. Como hai tantos lucenses que escribiron ben e outros que o fixeron decentemente teño asistido a unhas cantas celebracións. Non me queixarei. Divírteme.
Hai rutinas que se repiten cada 17 de maio, cando conflúen no lugar sinalado pola providencia da Real Academia Galega os donos da cultura e os detentadores do poder cultural, que case nunca son os mesmos. Asisten amigos, admiradores e sentidores do homenaxeado. Asisten veciños... [Lire la suite]