samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]

vendredi 28 octobre 2011

DESENROSCANDO A BOMBILLA (DA MIÑA HISTORIA PERSOAL DE EUSKADI)

HAI UNHA SEMANA que estaba desenroscando unha bombilla e Eta paraba a fábrica de sangue. No alto da escaleira, acordei de Wilson, El Inglés, fronte a unha cheminea de 1996 comentando a gargalladas como os enganara o compañeiro de comando, El Lobo. Pasaran dúas ducias de anos dende que asistira, horrorizado, na Rapadoira ao relato dun policía instruíndo a uns mozos sobre os usos alternativos das toallas molladas e os listíns. Daquela un tío que traballaba en Lemoiz miraba todas as mañás os baixos do coche. Pasara un lustro dende... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu caso; senón a España no seu senso de estrutura administrativa. Borrado o terrorismo como factor de presión e condicionamento na vontade vasca, asistiremos -probablemente xa o 20-N- a unha redefinición do mapa dos tres territorios da CAV arredor de catro puntos cardinais, que son as catro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,