samedi 18 février 2012

DIGNIDADES E OFICIOS DO PSdeG: PRÍNCIPE, CABALLERO, SECRETARIO, BLANCO, BESTEIRO

A natureza balcánica do socialismo vigués fáiseme tan íntima como o vademecum da miña nai. Carlos Príncipe adoita arrepiñar a palabra aos colegas nas noites da Radio Galega para amosarnos unha e outra vez o seu expediente, ese historial médico no que se recollen todos os virus e bacterias que foron tumefactando o seu liderado da socialdemocracia sureña. Príncipe nunca pasou de estrela anana e acabou por extinguirse para todos menos para esa illa de Elba que pagamos a escote todos os galegos para nos volva recrear os seus austerlitz.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

mercredi 23 novembre 2011

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"

"Como imos construír un país se o único debate é como gañar á UPG?", laiábase o sábado ao mediodía un exmilitante do Bloque cerca do parque de Rosalía de Castro. Eu viña de aparcar diante dos xuzgados, que estaban escoltados polos familiares duns romaneses acusados de violación dunha banda e polos achegados duns xitanos aos que se detivera por algo de drogas, penso, doutra. "Con estes, polo menos, falamos de Galicia", continuou o meu amigo coas fazulas saltando lixeiramente pola carraxe. Para a miña sorpresa referíase a dous mozotes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,