samedi 23 décembre 2017

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO

CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba unha voz fonda, rusa e ortodoxa como a de Xabier Docampo. Tras emparentar coa nobreza da estirpe que manou de Covadonga a través da honrada e bela Carmen Polo, excusou de convocar eleccións ata que morreu. Non hai que fascine máis aos españois que unha espada que poña... [Lire la suite]

lundi 13 février 2012

NO BLOQUE MARCHAN POR INANICIÓN

Son as seis da mañá. Veño de quecer unha triángulo de tortilla e facerme un café. Erguínme desacougado por saber o que aconteceu no niño. Vivo nun terceiro andar dunha vella casa cun xardín que renovan mensualmente dous rapaces armados con trebellos de formas estranas. Cada abrente, mentres os meus durmen e o gato miaña o seu almorzo, miro pola ventá da cociña o niño que unhas pegas constrúen pousadamente primavera a primavera. As pegas volveron demasiado cedo este ano e atoparon o seu vurullo regulamentado de ramalliños ocupado por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,