vendredi 4 novembre 2011

UNHA FREGONA PORTUGUESA

PORTUGAL está medrando. Seino porque comprei unha fregona lusa no Eroski cunha pegatina no pau que salienta: ‘Cabo máis cumprido. 1,40 cm’. Traducido, que o mango é máis longo. Iso indica que o fabricante detectou que os usuarios son máis altos cos anteriores. E mentres Portugal medra, Europa anda esfiañándose polas estremeiras. Irlanda acolleuse ao modelo contable alemán, aínda que recontando a débeda ata que lle saíu ao seu favor. España non para de mirar a Italia como se o festival de San Remo dedicidise reavivar a ‘canzone’ con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

jeudi 15 septembre 2011

TODA GRECIA DEIXARÁ DE RESPIRAR IMITANDO A DIÓXENES

Cada mañá embadurno as torradas cunhas capa máis fina de manteiga, como fan algunhas empresas que pavimentan estradas. Adoito almorzar un café escuro e unhas gráficas do sistema Defcon, que calcula o risco de quebra de España. Canto máis soben as liñas de serra máis manteiga aforro. A invernía logo asomará a pata de cordeiro pola regandixa da porta, polo que vou precisar toda a graxa. A teoría do aforro pode resultar esaxerada, pero aprendeuma Dióxenes unha noite en Atenas. Eu paseaba o estómago, convertido nun océano de viño tinto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,