jeudi 27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola do cabalo que montaba o seu fillo Juan con furia parasitada ao Deus do Vello Testamento para matar bolcheviques na fronte de Novgorod. A miña avoa morreu en xaneiro de 1969, cando Nixon estreaba a gravata dominical de presidente dos Estados Unidos. Juana nunca soubo quen era... [Lire la suite]

mardi 2 septembre 2014

O CATÁLOGO DE PRIMAVERA

Paco Nieto e máis eu coincidimos diante do Gadis de Ramón Ferreiro. Anda argallando no pasado de Lugo e preguntoume por Santiago Jaureguizar Isasi, o candidato carlista ao Senado en 1979. Eu apuntei que a única acción partidista que fixera na vida fora buzonear propaganda para que se votase por ese meu tío. Podería afirmar que son carlista por estética, a xeito de Valle Inclán, pero, serei menos fachendoso, e recoñecerei que me sometín á disciplina lexitimista de Carlos Hugo unicamente porque tiña catorce anos. Esas eleccións... [Lire la suite]
vendredi 13 janvier 2012

UN SAÚDA A VALENTÍN GARCÍA (novo SXPL)

O CEREBRO dos políticos está conformado para priorizar a opinión pública. Cando toman unha decisión moldean os seus argumentos a xeito de enquisas, sondeos e escrutinios; aínda que despois se expliquen detallando motivos ben diferentes. Feijoo houbo de pensar nestes días marchados no secretario xeral de Política Lingüística (SXPL). Tanto debía de terlle a quen elexira en termos do balconada de San Caetano cara fóra. Calquera candidato había de acaer como outro piñeirista infiltrado para os motivados galeguistas -que non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [5] - Permalien [#]
Tags : , ,