
BRAULIO SOÑA máis bonito ca min. Falamos na profunda noite do Facebook sobre Voltaire. El soña tan bonito que logra que se lle apareza o pensador francés. Braulio di que Voltaire modula nas súas ensoñacións as mesmas voces impostadas que usaba para imitar os ilustrados, o pobo ou os tendeiros nas xuntanzas do seu salón. Por todos sentía o mesmo respecto, un respecto viúvo.
Eu soño angustias. Vou Preguntoiro abaixo dende a miña pensión á Facultade de Dereito. Os rapaces de clase media non elixiamos estudos...
[Lire la suite]