samedi 17 juin 2017

UNHA MISA PARA MALLO E UNHA CEGOÑA COXA

  O MUSEO PROVINCIAL de Lugo puxo o xoves unha gran sala de tiros longos para celebrar a Maruja Mallo cunha mostra. O país empeza a tomala en serio. A última vez que entrei no Café Zuckerberg lin que a anterior homenaxe que se lle fixera en Lugo a Mallo fora organizarlle unha misa. Rezouse por unha muller que se deu un garbeo en bicicleta durante unha eucaristía dominical na igrexa de Arévalo. En fin. Os que lemos o Libro de Xob sabemos que o Inferno é tan desagradable como un baño sueco, porque as almas condeadas «pasarán... [Lire la suite]

dimanche 14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo. O filme ten mesmo algúns desvíos pedagóxicos no guión que se agradecen porque explica dun xeito comprensible os buratos negros, os buratos de verme e as catro dimensións (ancho, alto, fondo e tempo), á que engaden a gravidade como quinta. O meu pai era físico, pero eu non paso de... [Lire la suite]
lundi 24 octobre 2011

O MOMENTO NO QUE GALICIA QUEDOU CONSERVADA EN SAL

GALICIA tivo un momento idóneo na súa Historia. Como esa tarde no que os adolescentes acertan a coordenar piercing e montura de gafas. Pegerto Saavedra, o catedrático de Historia Moderna, situoume naquel tempo próspero: o textil no interior, as ferrerías nas montañas do Leste, as curtidurías na bisbarra de Santiago, a pesca en todo o litoral. A nosa achega demográfica era do 13% estatal. Iamos sobrados a respecto de Cataluña. As condicións eran inmellorables para sermos un país dos que galopan nos séculos. Pero algo fallou.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,