samedi 4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga retardada coa espátula polo flanco dereito, eu lembraba Le Rhin. Lettres à un ami (O Rin, Cartas a un amigo), de Victor Hugo. O novelista visitou en 1840 as ruínas do castelo de Heidelberg, en Alemana, que fora palacio de Federico IV. «Non podes imaxinar a furia coa que os... [Lire la suite]

samedi 17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia clara de que deba de darlle a vostede todas estas explicacións por asomarme a un espazo que ten moitos espectadores, que mesmo hai persoas que sintonizan. Ao cabo, soamente foron quince minutos mal contados; tal vez, vinte. Non mirei o reloxo, pero podo asegurar que non seguín... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
lundi 2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran un partido de baloncesto. Michael Jordan executa saltos dunha altura e unha lonxitude que soamente lograra Nureyev para atravesar o escenario do Bolshoi. Allan Bloom comenta fascinado a estatura do mito do baloncesto porque «os nenos recollen mesmo restos das mazás nas que... [Lire la suite]
lundi 12 mai 2014

UN CARTEIRO RURAL

    Juan García-Morán Escobedo conta no ensaio sobre Leo Strauss previo a ¿Qué es filosofía política? (que vén de rescatar Alianza) que o filósofo alemán soñaba na mocidade con "ser carteiro rural, ter unha granxa de coellos e ler a Platón" polo resto do seu tempo. O seu interese pola política, en abstracto, non impediu que a política en concreto o perseguise. Como xudeo deu esperanza á República de Weimar. Pensou que refrearía o antisemitismo secular da Centroeuropa, esa consideración dos diferentes como estranos. Ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,