dimanche 3 janvier 2016

O ANO PRÓSPERO DE JESÚS PÉREZ VARELA

Miguel Anxo Fernán Vello está na Semana Fantástica. A investigadora Teresa Seara presentou unha tese sobre a súa obra a uns días de ter gañado o Premio Afundación. Pero Fernán Vello ten a singular rutina de gañar cartos e prestixio coa poesía. O luns pasado, cando o Congreso dos Deputados se transformou no Avispeiro dos Balcáns, chameino para felicitalo porque fora elexido polo terzo provincial de Lugo. Teño moitas dúbidas de que sexa o mellor destino para un escritor. A oratoria parlamentaria española envilece o estilo literario... [Lire la suite]

jeudi 21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

  O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión por mimetizarse con 40.000 francos que aforrara nas colonias "privándose de todo, mesmo de café e tabaco, usando ano tras ano a mesma roupa de algodón", segundo lle leo a Henry Miller en El tiempo de los asesinos (Alianza), mentres traficaba con goma, plumas de avestruz,... [Lire la suite]
samedi 18 avril 2015

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE

O LABREGO DE casa grande Estreptisíades protagoniza Las nubes (Alianza Editorial), a obra de Aristófanes que vén de publicar Alianza. Está preocupado porque o seu fillo soamente amosa interese polos cabalos. Acode en busca de consello á casa de Sócrates, «un caviledeiro de espíritos selectos». Ao petar na porta, interrompe unha reflexión do filósofo sobre se os mosquitos cantan pola boca ou polo cú. Aristófanes burlábase do seu coetáneo Sócrates. Amósao en Las nubes suspendido nunha cesta cerca das nubes que dan título á... [Lire la suite]
mardi 7 avril 2015

PUNTO FINAL

Voo e revoo sobre a entrevista que Ignacio Echevarría a Rafael Sánchez Ferlosio en El Cultural. Ferlosio ten un novo libro, Campo de retamas (Penguin Random House Mondadori). Mentres voaba e revoaba sobre a relación de preguntas ben traballadas e as respostas sabias fun facendo anotamentos na Moleskine. Veño de revoar sobre elas para lerlle ao entrevistado burlas estúpidas como que "as columnas de prensa son caixas baleiras" e certezas fascinantes como que "os textos dunha soa frase son fraudes de profundidade". Estou de... [Lire la suite]