
Non entendo que aos delincuentes de xesto amable, gravata con motivos de flor de lis e alquitara contable se lles chame chourizos. Os chourizos son carne mansa, inane. Podemos sentar na mesa ante uha fonte de chourizos sen medo a que se nos chanten. A única prevención é evitar que salpiquen. Os ladróns que viaxan discretos tras cristais tintados aseméllanse máis a coitelos. Ben situados, ben afiados, de apariencia pulcra. Pero, se desvías a atención, poden darche un corte. Cando aínda estamos pagando o veraneo que nos demos coa...
[Lire la suite]