vendredi 18 juillet 2014

O ASNO DE BALAAM

O paseo desta mañá estivo cheo de provocacións. Saín dende a miña casa na baixada ao peirao de Porcillán, que usaba Alfredo Deaño nos seus exemplos da Introduccion a la lógica formal (Alianza), que tanto lle prestaba ler a Leopoldo Calvo Sotelo. O paseo empuxoume cara ás aforas de Ribadeo, onde me criei, un chisco ao sureste da que foi a miña casa e que nestes días é un burato de bombardeo serbio en Bosnia-Herzegovina porque van facer unha residencia para idosos. No barrio de Garitos, por tras do arquitectónicamente rigoroso cuartel... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,

mardi 15 juillet 2014

AUGA DE VICHY

Cando os norteamericanos liberaron Garmisch do Terceiro Reich requisaron as mansións para dar abeiro aos seus soldados. Nunha das apetecibles saíulles ao paso un vello proclamando que era Richard Strauss. O tenente que mandaba naquela unidade ordenou a inmediata retirada porque coñecía as composicións musicais do alemán. Esta mañá encetei unha novela infantil, unha nova aventura de Os Sabuxos. Juan Tallón desconfía de que vaia escribir sesenta folios en quince días. Seica que Filgueira Valverde tamén redactou algún texto para... [Lire la suite]
lundi 14 juillet 2014

POLO CAMIÑO DE XOÁN

  O paseo de onte deino en coche polo Camiño de Xoán. Conducínme do norte ao sur do país, de Ribadeo a Ourense, para encontrarme con Juan Tallón; en adiante Tallón porque en Lugo os cidadáns soamente teñen apelido, a única certeza que nos ofrecen para diferenzalos alén un nome de pía igual ao doutros moitos. Tallón chamoume hai uns días co respecto co que Marcel Proust se dirixía a Henri Bergson cando lle foi ás clases de filosofia na Sorbona a escoitarlle reflexionar sobre a intuición. -Señor Jaureguizar -dixo cunha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
vendredi 11 juillet 2014

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS

No Cantón, onde tomo auga con gas (non porque me saiba, senón por anglofilia), podo ver un, dous, camareiros vestidos de camisa branca; o seu xefe, Nemesio, reforzou o disfraz cun sombreiro e unha paxarela, e ornamentou as paredes do café con románticas cartas náuticas do Caribe, e axitadoras páxinas do Gramma e máis do Juventud Rebelde. Ribadeo vestiuse de tematismo cunha festa indiana polo que alcalde, Fernando Suárez Barcia, pediume que botase unha escrita co gallo de tan sonado acontecer vilego. Ser cronista local nunca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 9 juillet 2014

A RAG VALIDA TODOS OS FILGUEIRAS QUERENDO LEXITIMAR UN

O paseo desta mañá transcorreu entre a praia manufacturada dos Bloques e As Aceas, onde rehumanizaron dous muíños de marea do Renacemento ribadense. Na hora de camiñada regresei ao Affaire Filgueira porque o meu sogro me estivo lendo, en voz comprensiva, a entrevista au pair con neto de Alexandre Bóveda e o fillo de José Filgueira Valverde. Don José non delatou ao amigo, Don José non se interpuxo entre o amigo e a barbarie marcial porque non o chamaron e porque preferiu evitarse a parede, Don José era amigo da viúva, Don José era... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mardi 8 juillet 2014

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE

A mañá do sábado atopoume na terraza do Costa Verde, en Ribadeo; sentei a uns metros dunhas señoronas que se axeitaran na casa para responderen a todo o que se agarda dunhas señoronas de vila pretenciosa. Collían as olivas da tapa, que lles renderan nunha cunca branca, co pico dos dedos gordo e índice segundos antes de reflexionar sobre a dificultade para extraer entre os beizos encarmiñados os ósos para facelos desaparecer con elegancia eficaz. Unha das señoronas, que confirmaba no ABC a necesidade de que España goce da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

dimanche 6 juillet 2014

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR

Domingo foi un outsider. O seu destino estaba escrito na tona do mar. Naceu Rinlo, o porto ribadense ao que lle medraron casas ao redor. Porén, fixo a mili en verde, por terra, nunha localidade na que a vestimenta dos quintos era azul. "Cando volvía de permiso, os veciños miraban estranados o meu uniforme", comentoume nun ultramariños de papelería que abre de San Roque. Confesábao como O mariño que perdeu a graza do mar de Yukio Mishima.   Domingo agradeceume que escriba tantas veces sobre Rinlo, pero pediume que deixe de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,
mercredi 7 décembre 2011

CAMPO DE MARTE

A descuberta saiume ao paso nun libro sobre a Historia recente de Bermeo. Juan Jaureguizar, concelleiro nos anos 20. A tía Charo confirmoume que "sempre había un concelleiro da casa". Daquela non lle preguntei por que partido, bandeirío ou terzo. O meu avó era liberal, seino porque lle lin nalgunha carta que os fillos dos peneuvistas lle lanzaban pedras contra os tellados dunhas naves que posuía no Portu Zarra -cun dique coñecido co alcume da familia, Frantxua-. Algo semellante perpetraban os fillos dos liberais. Ás veces, son os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 6 décembre 2011

SALTAPAREDES

A economía está feita de emocións. Ben o sabía Restrepo, o comerciante de Ribadeo que xestionaba un bazar de numerosos produtos e unha única desorde. Nunca saías co mesmo patrimonio co que entraras. Nas tardes de decembro da infancia xuntabamonos para pensar unha broma que gastarlle. Gozabamos ríndonos del: “Quería un saltaparedes”, pediamoslle. Pero era el quen ría da nosa paga semanal. “Ah! Saltaparedes non me quedan. Viranme a semana que vén. Pero veñen de chegarme unhas pelotas de ping pong estupendas e téñoas a bo prezo”.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 25 novembre 2011

MONCHO NON FALABA KINGLÓN

MONCHO FALABA RARO ás veces. Ningún de nós lle prestaba atención porque todo o que tiñamos naquel Ribadeo eran 14 anos e aburrimento preméndonos nos ombros. Moncho continuaba farfullando, mentres nós tratabamos de facer peto para poder escondernos da invernía durante media hora tomando unhas Estrella Galicia no Ribanzo.  Santi trataba de convencernos de que había que cambiar o sistema, cunha linguaxe que nos soaba vietnamita. Sufriamos máis polas mans, que se nos amorataban por comer pipas sen guantes no parque. Moncho... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,