mardi 12 août 2014

O SILENCIO ENTRE CALADA E CALADA

José Antonio ten unha virtude rara entre fumadores: sabe escoitar entre calada e calada. Tamén ten outras cousas boas, ser un dos meus mellores amigos, que son unha especie en extinción, e conducir un BMW vermello dos anos 80, o único coche que me interesa. O sábado levoume os sete quilómetros pola liñeira entre Ribadeo e Rinlo con seu conducir tan despacioso e agradable. Mentres conversabamos rodando sobre o gris da estrada e gris do mar e gris do ceo, por entre o verde dos campos, na segunda liña do meu pensamento soaba a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

dimanche 6 juillet 2014

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR

Domingo foi un outsider. O seu destino estaba escrito na tona do mar. Naceu Rinlo, o porto ribadense ao que lle medraron casas ao redor. Porén, fixo a mili en verde, por terra, nunha localidade na que a vestimenta dos quintos era azul. "Cando volvía de permiso, os veciños miraban estranados o meu uniforme", comentoume nun ultramariños de papelería que abre de San Roque. Confesábao como O mariño que perdeu a graza do mar de Yukio Mishima.   Domingo agradeceume que escriba tantas veces sobre Rinlo, pero pediume que deixe de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,