jeudi 1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un sorriso aberto por un soño é incontrolable. O luns espertei ás catro da mañá. Sabía a hora pola inclinación da luz que emiten as farolas da rúa Galicia e que me entra no salón. Estaba soñando que era Jay Gatsby e observaba unha chispeante festa que organizara. Sentía o pracer de... [Lire la suite]

dimanche 10 juillet 2016

A MIÑA AVOA NON SOBREVIVIU AO BREXIT

FOI NA CASA da miña avoa Aurora Zaldibar onde lin por vez primeira a Charles Dickens, Agatha Cristhie e Robert Louis Stevenson. A miña avoa vivía en Londres sen vivir. Nunca estivo na cidade, máis que nada porque a paga dunha mestra xubilada dos anos 80 non daba tanto de si e Ryanair non irrompera aínda cos seus enxeños voadores. Vivía en Bilbao, pero non renunciou a enmoquetar o baño —a pesar de ser asmática— nin asegurarse de que El Corte Inglés mantiña o fluxo de té e pastas. Cada vez que montabamos nun autobús vermellos de dous... [Lire la suite]