dimanche 10 janvier 2016

AS TROMPETAS DE XERICÓ ATROAN

Lemmy Kilmister era un hombre elegante. Aínda que debamos considerar a elegancia nos parámetros de estética negra, patilleira e encoirada do heavy metal. Pero era innegablemente elegante, malia a súa a súa estética querente do nazismo. A morte do líder de Motörhead comezoulle en xullo, cando baixou do escenario do festival Resurrection Fest de Viveiro e acabou o seu traballo o sábado da semana pasada. Faleceu aos 74 anos como consecuencia dun cancro que o comiscou de xeito tan brutal e veloz como a súa música que se lle presentara,... [Lire la suite]

samedi 28 mars 2015

JAZZ E COPAS TRAS O SFUMATO

Aki Kaurismäki comezou a súa formación como director nun cineclub de Helsinlki onde poñían películas de jazz. Manuel Antonio non logrou ser cineasta e quedou en poeta porque tivo escaso acceso ás salas. Cando chegou a Vigo para estudar Náutica, queixouse: "En Vigo estou no deserto, nun deserto de pantallas cinematográficas". Despois embarcou e non puido ver filmes. William Faulkner debutou na literatura con guións para Hollywood. Emocionalmente era un granxeiro, polo que non gustaba dos barcos. Cando voou a Estocolmo para... [Lire la suite]