samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]

mercredi 2 novembre 2011

CONTANDO AS FERIDAS QUE ME PROVOCA ESTE NOVEMBRO

Este novembro entrou no calendario a paso torpón, con preguiza. Van repoñernos 'Mariano en tiempos revueltos', cun protagonista que promete traer a felicidade coma se fose un objeto aprehensible e transportable o 24D nun saco de Papá Andreu. Por aí andan tamén dando a prosma 'Los Serrano', con Rosa Díez berrándonos as bondades de contar cunha serra grande e libre para mellor marcha da carpinteiría, como se a Artxanda que ela debeu de gozar de moza fose unha réplica a escala en gomaescuma do Sistema Penibético. O que máis nugalla... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,