vendredi 15 décembre 2017

MURGUÍA CAVA A TUMBA DE ROSALÍA

  FOI UNHA DESAS decisións que, se non se toman de súpeto, logo morren. Hai 60 ou 70 anos, non se sabe concretamente. Varios veciños da Terra Chá, a grande chaira ao norte do Ducado de Lugo, estaban nunha desas tabernas na que se citan o día e a noite. Alguén con pelo crespo e ollada sideral, sentado so nunha mesa do fondo, queixouse da distancia que debía percorrer para volver á casa. Outro, acobadado na barra, rañou na cicatriz que lle deixara un xabarín inesperado antes de darlle a razón. Todos repararon, como se fose unha... [Lire la suite]

jeudi 23 novembre 2017

DESCREIMENTO, AMBICIÓN E ESTÓMAGO

Rosalía foi unha escritora excepcional, a segunda mellor dos nosos. Eu prefiro a Cunqueiro pola súa potencia para recrear o imposible e facer manar a lingua no deserto do real. Este debate entre os dous autores non existe, seino. Nin vai existir porque na comparación sobre a valía literaria primaría a valía moral. E, nese campo nocturno e incerto, vence a triste padronesa. O filósofo alemán Sloterdijk asegura que, dende Descartes, o debate racional está dominado pola técnica. Discrepo. O debate racional é unha falacia ética. Se... [Lire la suite]
samedi 22 juillet 2017

A CONVERSA QUE CALOU FAULKNER COA SÚA NAI

    AQUELA TARDE de 1931 a calor húmida pesaba a mala idea sobre a casa de William Faulkner. O escritor miraba á súa nai, sentada na cadeira grande do salón. Falaban de calquera tema, pero Faulkner botaba olladas fugaces á ventá, por riba da Remington coa que escribira dous anos antes a novela Santuario (Alfaguara), aburrido por aquel diálogo intrascendente. O incómodo non era a conversa que estaban mantendo, senón a conversa que estaban calando.O novelista viña de publicar Santuario. Interrompera o seu costume devoto de... [Lire la suite]
jeudi 11 mai 2017

ATRASO EN GALICIA, VANGARDA NA ARTE

EN GALICIA confundimos sensatez e inmobilismo. Vemos pasar os avances fugazmente, coma eses trens supersónicos que corresponden a un cupo alleo. Somos un país tan de vía estreita que nin cupo temos. O próximo Ave irá cara a Bilbao con apeadeiro en Vitoria.Lin un treito da novela Patria. Tiña curiosidade porque está no Guinness dos eloxios. A prosa de Fernando Aramburu ten a cadencia do Telediario, os diálogos soan a tertulia de TDT e as escenas dramatizan Ocho apellidos vascos. Comprendo o seu éxito.O meu país de orixe merece unha... [Lire la suite]
vendredi 24 mars 2017

O RAPAZ QUE PERDEU A COR POLA SOEDADE

    A ACROBACIA de Haruki Murakami como escritor consiste en dar un pinchacarneiro de costas e acertar a caer nese punto do mapa literario equidistante entre o popular e o intelectual, entre o emocional e o afectado, entre o fantasioso e o crible. Calquera ten unha opinión sobre o autor xaponés; rexeitadora ou devota, pero tallante. Hai páxinas web pro e anti Murakami en tal cantidade que é o escritor cun maior aparato crítico producido por lectores viandantes de modo espontáneo.Unhas semanas atrás falei sobre Murakami... [Lire la suite]
samedi 4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga retardada coa espátula polo flanco dereito, eu lembraba Le Rhin. Lettres à un ami (O Rin, Cartas a un amigo), de Victor Hugo. O novelista visitou en 1840 as ruínas do castelo de Heidelberg, en Alemana, que fora palacio de Federico IV. «Non podes imaxinar a furia coa que os... [Lire la suite]

vendredi 22 mai 2015

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE

  FRANCIA TIVO como ministro de Cultura ao escritor André Malraux, Galicia tivo como conselleiro de Cultura ao escritor Alfredo Conde. Ambos feitos son exemplos que explican a diferenza de tamaño entre ambas as culturas.  Estaba onte mesmo lendo na cociña a Allen Gingsberg. No poemario Kaddish (Anagrama) conta á súa visita ao cemiterio parisino de Père Lachaise en 1957 para visitar a tumba que tivo Apollinaire grazas a Picasso e Matisse. Gingsberg repróchalle ao poeta galo que sabía que «os políticos clasicistas... [Lire la suite]
dimanche 12 octobre 2014

UNS CALZÓNS QUE SE POÑEN DE LUNS A DOMINGO

A cultura galega vive montada nun balancín: cando sobe Rosalía baixa Castelao e viceversa. Mantén un equilibrio de iconas paralizante. A programación cultural ten dous bandos: o bando de Rosalía e o bando de Castelao. Ambos os dous colaboran ás veces. Rosaliáns e castelaístas conflúen para que actos, congresos e embaixadas teñan como sustento ambas as iconas patrias. Rosalía andou en múltiples danzas e procesións neste ano, e agora empeza a quenda de Castelao, unha figura sobredimensionada. Castelao... [Lire la suite]
lundi 22 septembre 2014

O IRMÁN DE ROSALÍA SUBIRÍA AS AUDIENCIAS

  O consumo de televisión en Galicia baixou un 7 por cento dende 2007, aínda que o Luar non deixou de emitirse venres ningún. O Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales de 2013, que elabora a SGAE, confirma que o interese dos rapaces polos medios audiovisuais en galego non medra. O noso programa canónico, encarna o espírito dun tempo que está desaparecendo.Non parece que esa desidia xuvenil poida variar cunha chamada dun líder socialista galego a Xosé Ramón Gayoso, como a que fixo, con audacia estratéxica,... [Lire la suite]
dimanche 15 juin 2014

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO

  TOMAR A VIDA con literatura é unha pedantería. Tamén un consolo. Nestes días, Lugo é unha paisaxe de bolsas negras esgazadas polos gatos, cervexa seca embebida en mexo e contedores verdes vomitando mondaduras de pataca e pan requentado pola calor.Trato de consolarme comendo pizza e gelato, e imaxinándome Thomas von Aschenbach. Síntome ese personaxe que entrega o seu sentido a perseguir un raparigo na novela A morte en Venecia, de Thomas Mann, entre o cheiro doce da peste e do lixo.Estou por acudir ao xastre do Gran Hotel... [Lire la suite]