
ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha...
[Lire la suite]