
Cada vez que me paraban nun control de estradas era o mesmo. Apelidos: Jaureguizar Ortiz de Zarate. Nacido en: Bilbao (Vizcaya). O meu DNI non relata que botei o 90% da vida en Galicia. Cando me paraban no país, aínda disimulo a condición de presunto vasco falando en galego, pero fóra ninguén me evitaba unha consulta á central para saber se estaba fichado como abertzale potencialmente perigoso. Cando os etarras anunciaron que ían comportarse como persoas civilizadas pensei nos axentes que máis se implicaron en lograr ese salto...
[Lire la suite]