vendredi 28 octobre 2016

O DESPREZO DE UMBRAL E O RECENDO VARONIL

O MARTES parei comprar xabón de mans Magno Classic antes de ir ao xornal. Empecei a usar ese xabón cando tiña 19 anos e estudaba en Santiago. A miña habitación no hostal estaba pegada á de Raúl. Cando cheguei á redacción souben que a editorial Nocturna me enviara La península (1970), de Julien Gracq. É unha novela fascinante polo levísimo da súa trama e o interesante da lectura. Todo o que acontece é que un home conduce ata unha estación de tren para buscar ao seu amor. Ela non aparece. El marcha percorrer Bretaña.O mércores... [Lire la suite]

jeudi 13 octobre 2011

OS BURGUESES XA NON TEMOS QUEN NOS EPATE

OS BURGUESES somos peores de epatar cada día. Afirmo isto coa menor intención de orgullo, máis ben como síntoma dunha enfermedade moral. Aínda o falaba o domingo con Arthur Cravan, mentres el entrenaba para noquear un saco de terra. O boxeador e poeta foi un modelo para os que ensaian épater le burgeoise. Abondáballe con ser sobriño de Oscar Wilde. Fachendeou do parentesco diante de André Gide con intención de que lle termase dos luxos "e todo o que me ofreceu foi unha cadeira para sentar", prostestaba Cravan. Informeino de que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,