jeudi 12 février 2015

UNHA CABANA PARA REFUXIAR A MELANCOLÍA

A DESPEDIDA É unha arte ourensá. Ninguén se despide con tanto xeito e demora coma un natural de Ourense. Debe de ser porque a súa provincia é unha despedida en si mesma. Ourense está composto nun 10 por cento de funcionariado e nun 90 por cento de adeuses, aínda que todos acaben en Vigo.     Un día dos anos 80, a miña avoa Aurora prendeu Radio Popular de Bilbao para escoitar a retransmisión de Un ballo in maschera, de Verdi, dende o Teatro Arriaga. Esa tarde, Moncho Borrajo insinuou que deixaba a escena. Despedida y... [Lire la suite]

mercredi 30 novembre 2011

FRANCO, BACK IN THE USSR

O título da película aclara que estamos a mediados dos 90 en Rusia. Dous delincuentes con zamarras de coiro rouban cinco quilogramos de heroína ao xefe. Na seginte escea, ambos os homes aparecen traxados desempeñando pulcras labouras de funcionarios no Kremlin. O pullitzer David Remnick válese de Zhmurki, para describir a mudanza veloz da ditadura comunista ao capitalismo wildwest en La tumba de Lenin (Debate). Serviría tamén para facer un resumo da transformación da democracia española nunha ditadura máis española en 1939. Como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,