samedi 29 juillet 2017

VICENTE RISCO MORRE COMO MARÍA ESTUARDO

TEMO QUE Vicente Risco levou o seu amor polos mitos demasiado lonxe. «O meu pai cría no Deaño como persoa», revela o seu fillo Antón en Risco segundo Risco (Galaxia), o libro de conversas con Arturo Lezcano.Os mitos son útiles na infancia, para explicarte o mundo cando aínda non tes suficiente cultura científica. Os amigos do meu barrio, cando nenos, xogabamos ás guerras dos nosos antergos. Duraban pouco tempo. Nada máispoñernos, empezaba a discusión sobre se Medea, a filla do rei da Cólquide, foi raptada polos argonautas gregos... [Lire la suite]

samedi 4 février 2017

BALEA

Soñei co meu tío Santiago. Atopeino pola rúa. Cando faleceu pesaba máis de cen quilos, pero no soño camiñaba lixeiro, uns milímetros sobre o pavemento. Deume un abrazo cariñoso, pero breve e urxente. Díxome que tiñamos que reunir á familia agora que el estaba de regreso no mundo. Levaba présa. Buscaba un restaurante no que devorar o tempo extra e saborear un chuletón. A morte intensificara a súa convición vitalista de que debía de ser feliz, como se unha firma de coches de elite lle confirmase que a súa vida non tería sentido senón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:04 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mercredi 4 mai 2016

UNHA PIRÁMIDE FEITA CON ENVASES DE IOGURES

Blanco Amor era un comedor entregado de iogures Danone. «Iogures deses que non tiñan sabores e traían cromos do Mundial 82», segundo lle escoitei a Manuel Baltar. O martes asistín a un acto xornalístico en Ourense. O presidente da Deputación volveu citar a Chesterton. Ten ese rutina bonita, como a xente que compra fío dental e se atreve a darlle uso. Chesterton resulta pesadamente católico e brandamente piadoso para o meu gusto literario. Hai que ter a mesma dóse de soberbia que de retranca para escribir: «Se non houbese Deus non... [Lire la suite]
jeudi 28 avril 2016

A PISTOLA ESTILIZADA DO MEU TÍO JUAN

GALICIA TEN AS súas cousas. Pode enxalzar un futbolista da Bundesliga porque os pais son galegos e, asemade, ignorar un catedrático na Universidade de Munich. Alleo a ese desprezo, Xosé Manoel Núñez Seixas vén de publicar un ensaio sobre a División Azul, Camarada Invierno (Crítica). Sei dese corpo expedicionario polo meu pai, que me contaba vivencias do seu irmán Juan na fronte rusa. Ao meu tío espantáballe revivir o frío, a fame e o medo dese tempo. Porén, cando viña comer na mesa veraniega do xardín, aprendíanos palabras en... [Lire la suite]
mercredi 23 juillet 2014

OS ESTRANOS VASOS LONGOS

Jazz entre amigos era un programa de Televisión Española que non me perdía. Nada sabía de jazz con trece, catorce anos. Nada me interesaba o jazz. Transistaba entre a banda sonora de Grease (unha soberbia revisión do rock clásico por parte dos Bee Gees) e os Led Zeppelin cara aos Clash e os Sex Pistols. Pero o presentador de Jazz entre amigos era fascinante. Comparecía na televisión tardofranquista nun pub baixando gin tonic e daba caladas a un cigarro para marcar as pausas das frases con varios figurantes como colaboradores... [Lire la suite]