mardi 20 janvier 2015

CORVOS DEBICAN SAL NA NEVE

A neve nada ten de especial. Nada ten de especial se viviches sempre no interior do país, pero o meu país era un país de costa e en Ribadeo nunca nevaba. O meu pai levounos un día no 124 marrón a coñecer a neve ata Os Oscos (non vou citar a García Márquez, tranquilos; paréceme infantil e ridículo). Ás veces nevaba en Ribadeo; cunha regularidade semellante á das chuvia no deserto. O meu pai andou traballando durante un ano no Sahara buscando gas para unha compañia británica e foi un ano tan seco que, irritado, tivo que... [Lire la suite]

vendredi 26 décembre 2014

PASADAS AS DÚAS DA TARDE, DICÍA EL PROGRESO

  O domingo pola mañá baixei pola leve caeira na que descende a rúa Galicia, por tras da miña casa. Aparcara o coche alí na véspera, pasadas as dúas da tarde, porque a miña rúa extraditaba coches buscando un descanso no mediodía. Movín o Renault Clío para ir buscar á Sara, a miña filla de doce anos, a clase de teatro e, ao regresar, o meu coche estaba de máis. Conducín ata o fondo da rúa perpendicular para deixalo mentres Sara quedaba coas amigas no grupo de Whatsapp. Na mañá seguinte, xa domingo, descendín pola rúa Galicia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo. O filme ten mesmo algúns desvíos pedagóxicos no guión que se agradecen porque explica dun xeito comprensible os buratos negros, os buratos de verme e as catro dimensións (ancho, alto, fondo e tempo), á que engaden a gravidade como quinta. O meu pai era físico, pero eu non paso de... [Lire la suite]
samedi 24 mai 2014

OS BEIZOS DERROTADOS

Estamos os tres na cociña. Antón argalla entre os seus cereais e o Fifa 2014 sen acabar de atender ao que debe. Teño 48 anos. O meu xaxún é o momento do primeiro medicamento que debo tomar de xeito regular na miña vida. Sara ten ollos grandes, coma as personaxes de manga. Observa os meus beizos caendo no intre de tragar a pílula. Revélase suavemente amarga ao pousala na lingua, pero Sara sabe que non é iso o que me estarrece. Sara é observadora. Non quere ser xornalista porque non quere ser o seu pai. "¿Por que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,