jeudi 1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un sorriso aberto por un soño é incontrolable. O luns espertei ás catro da mañá. Sabía a hora pola inclinación da luz que emiten as farolas da rúa Galicia e que me entra no salón. Estaba soñando que era Jay Gatsby e observaba unha chispeante festa que organizara. Sentía o pracer de... [Lire la suite]

samedi 20 juin 2015

UN PIANO QUE SAÍU VOANDO POLOS AIRES

  Hai quince días viuse un piano de cola sobrevoando o Círculo de las Artes, en Lugo. Eu souben de tal marabilla por unha fotografía que me o secretario da Sociedad Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, me remitiu por wathsapp. Saín correndo cara ao Círculo, consciente de que os espectáculos máis fascinantes son os improvisados —e nesa falta de aviso reside a súa forza—, pero cheguei tarde de máis para ver o piano negro colgado dun guindastre. O instrumento estaba destinado ao concerto que Ivo Pogorelich había de dar no... [Lire la suite]
dimanche 14 septembre 2014

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN

Agosto estaba agonizando con dramatismo. Parecía protagonizar unha novela algodoneira de Faulkner. Eu tomaba un café nun balcón de Ribadeo. Abaixo, no medio da rúa, parou un coche escuro, brillante e longo coma as pernas de Liza Minelli en Cabaret. Descenderon un chófer e máis un escolta. Abriron a porta e tenderon unhas muletas a un ancián. Era un glorioso banqueiro ribadense que se dirixía á panadería Torviso. Tiña unha intuición sobre a natureza humana dos financeiros. Confirmeina vendo o banqueiro comprando pan en persoa. Antes... [Lire la suite]
samedi 21 janvier 2012

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"

Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados, todos espidos, ata que Scott confesou ao cazador branco, corazón negro, que era o seu modelo. Ernest accedeu a acompañalo a un baño masculino e, medindo unha e medindo outra, concluíron que a descompensación era unha cativez, segundo conta Boris Vejdovsky na pimpante Hemingway.... [Lire la suite]
jeudi 24 novembre 2011

ARIAS CAÑETE É UN PASAXEIRO DE ÚLTIMA CHAMADA

O EXMINISTRO do PP Miguel Arias Cañete é un pasaxeiro de última chamada ao que lle sae o avión: "Hai que pasar por riba dos requerimentos legais porque os mercados non agardan". Como aquela primeira vez que visitabas Madrid e a túa moza autóctona che alentaba a saltar canda ela o control de billetes no metro. E ti, novato en transportes públicos e en namoramentos privados porque viñeras de Ribadeo, botabas unha carreiriña de can pasando por riba da barra lixeiro e poderoso coma Usain Bolt. En Lugo aínda non temos metro, debo pagar por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,