lundi 3 octobre 2016
UN GUANTE PEQUENO PARA O. J. SIMPSON
HAI NOITES NAS que Nemesio pon en silencio o fútbol televisado para encher o aire a café denso do Cantón cun aroma musical: Verdi, Wagner, Rossini,... o que lle pete para a timba operística. Gústame ir a esa cafetería ribadense pese a que o Times Literary Supplement (TLS) sempre estea ocupado e deba conformarme con ese prato de microondas que é a prensa deportiva. O martes acordei do exemplar do TLS que lera a pasada fin de semana no Cantón.Falaba de O. J. Simpson, a antiga estrela de fútbol... [Lire la suite]
lundi 28 mars 2016
FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!

samedi 19 mars 2016
O AMOR, QUE MOVE O SOL E AS ESTRELAS TODAS
TODOS COMETEMOS erros baixo a influencia do amor. Se non fose polo cegamento que produce, Camilo José Cela non tería abandonado a súa fundación —cos seus 45.000 volumes e unha escollida mostra de obxectos persoais— ao entendemento e capricho de Marina Castaño.Os delirios de Thomas de Quincey cando consumía opio devolvíanlle a Ann, unha rapaza da que namorou ao chegar a Londres. Un domingo de chuvia perdeuna de vista por sempre xamais, pero nunca esqueceu a invernía na que durmiron abrazados para combater o frío feroz que... [Lire la suite]
dimanche 12 octobre 2014
UNS CALZÓNS QUE SE POÑEN DE LUNS A DOMINGO
