lundi 2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran un partido de baloncesto. Michael Jordan executa saltos dunha altura e unha lonxitude que soamente lograra Nureyev para atravesar o escenario do Bolshoi. Allan Bloom comenta fascinado a estatura do mito do baloncesto porque «os nenos recollen mesmo restos das mazás nas que... [Lire la suite]

vendredi 12 décembre 2014

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL

Unha norma elemental nunha entrevista é non permitir que o entrevistado cha guíe. Debes ser ti quen decida os temas que tratades e o xeito no que os tratades, mesmo se tes que ser impertinente e interromper o discurso. Nunca fago excepcións. Ben, si, exclúo da norma a Darío Xohán Cabana. Eu lanzo unha primeira cuestión, nada orixinal, algunha obviedade para colocar o estrado, e deixo que Darío improvise a lección maxistral. A clase de onte foi sobre Dante co gallo da súa segunda tradución de A divina comedia, con excursións a... [Lire la suite]
vendredi 30 mai 2014

COMUNISTAS LIBERAIS

Slavoj Zizek dedica varias páxinas de Sobre a violencia (Alianza) a supurar a súa xenreira contra Bill Gates e George Soros. Eu tamén os envexo dun xeito insán. Arquívaos con retranca na categoría de comunistas liberais para reprocharlles que invistan en actividades benefactoras todo o que antes gañaron usando as técnicas máis renarteiras do capitalismo internacional. Zizek intepreta, acertadamente, que o capitalismo soamente sobrevivirá se reparte a riqueza para garantirse o mantemento do consumo, pero semella non aceptar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 14 décembre 2011

NEGAR A NEGACIÓN NEGADA

SLAVOJ ZIZEK denuncia en ‘El acoso de las fantasías’ (Siglo XXI) a retorta perversión de Stalin: non soamente prohibía criticalo, senón que prohibía que se explicitase esa prohibición. Tratábase de negar mesmo a negación para ofrecer unha ilusión de que a ditadura comunista consentía a disensión. Certamente a consentía, pero na estepa de Siberia. Sobre eses tempos, conta Yuri Trifonov en ‘A casa do embarcadeiro’ que había «un mundo no que transcorría unha vida totalmente distinta da vida da xente normal». Referíase á elite do partido,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,